Unha proposta aberta para rehabilitar a antiga estación como novo nodo público de cultura, comunidade e comunicación, en diálogo directo co Vello Cárcere.
Como lucense e como arquitecto, presento esta proposta movido por unha convicción moi sinxela: a antiga estación de autobuses de Lugo non é un baleiro sen memoria, senón unha peza urbana de grande valor, situada nun punto decisivo da cidade e con capacidade para ofrecer unha nova vida pública ao servizo de todos.
A miña intención non nace dun interese particular, senón do afecto fondo por Lugo e do desexo de contribuír, desde a miña experiencia profesional, a que a cidade tome unha boa decisión sobre un dos seus lugares máis sensibles.
Creo que, antes de derrubar, simplificar ou fragmentar, Lugo debe estudar con rigor a posibilidade de reutilizar intelixentemente este edificio, activar a súa gran dársena como espazo cidadán e pensar o conxunto con ambición cultural, urbana e patrimonial.
Presento EC@L como unha base de reflexión e diálogo, aberta á participación e ao contraste, porque estou convencido de que aquí non está en xogo só o futuro dun edificio, senón unha auténtica decisión de cidade.



No hay comentarios:
Publicar un comentario